Enerxia Solar

Friday, October 06, 2006

Beneficios da enerxia solar en granxas

 A Universidade de Almeria ven de publicar un estudio no que indica que o beneficio das granxas aumenta un 12% coa instalación de paneis fotovoltaicos de conexión á rede.

http://noticias.ya.com/local/andalucia/09/08/2006/ual-energia-universidad.html

Esto en Galicia sería ilega. ¿Por qué? Porque temos leis tan boas que din que non se pode instalar nada en chan rústico, agrario, que non estea relacionado co tema rural. As mentes pensantes da Xunta puxeronse a traballar, fai como 5 meses en ver como podian solucionar este tema. A que chegaron....por agora a nada. Esperemos que en breve poidamos xa facer este tipo de instalacións legalmente.
Ata agora subencionar o campo pareceulle a toda Europa a millor maneira de evitar o despovoamento das zonas rurais, PER en Anlucia, subencións a todo en Galicia ( millo, patacas.. ). Pero vai sendo hora de cambiar esa mentalidade, as explotacións agrarias teñen que ser rendibles, gañar pasta. Eu se a miña familia ten unha explotación gandeira que lles da para vivir, para gañar cartiños, darse algún capricho, etc. e é unha situación máis ou menos estable plantexariame quedarme ( non é o meu caso, non proveño de familia de labregos pero si nacín nunha aldea ).
Pois nese cambio temos que incluir esto enerxia solar fotovoltaica, en Galicia daría do orde do 10-12% de beneficio anual do custo da instalación solar, dependendo do volume da explotación agraria e da instalación solar que se faga terá un ou outro peso nos beneficios totais da explotación. E o millor, algo que os gandeiros agradecerian enormemente, cartos que non costa traballalos, non hai que estralas cortes, non hai que botarlle pienso, nada de nada. Instalase e dispois o máximo que lle pode pasar e que o rouben ou que caea un arbol, cousas que son a todas luces evitables ou mitigables ( de roubos non se salva nin o Banco de España ).

Mais información

www.inega.es

www.redeilumina.com

www.energias-renovables.com

0 Comments:

Post a Comment

<< Home

Who links to me?

Contador Gratis