Desaladoras solares
Hoxe falaremos dunha aplicación que en galicia non é moi importante pero que en españa pode
resultar moi interesante : A desalación con enerxias renovables.
Se xa existen exemplo de plantas desaladoras con enerxia eólica, caso da planta de Canarias e algunha máis, incluida esa tan enorme, a maior de Europa, que inaugurou a ministra Narbona. So existen con enerxia eólica non con enerxia solar. E eu preguntome ¿Por qué? En principio poderian ser a opción máis clara. No verán, cando máis falla fai a auga, os paneis producirán máis. Pola contra os aeroxeneradores soen producir máis durante o inverno cando sopla máis o vento pero as necesidades de auga son menores.
Para min hai unha razón clara. O interés que desperta a enerxia eólica que vai en detrimento da solar. É claro que a producción de KWh nun aeroxenerador vai ser maior que con paneis solares, a igual inversión. Pero neste caso presentase a vantaxa clara do momento temporal. Nos sistemas renovables de enerxia electrica temos un factor de incertidume, un reactor nuclear novo produce 1025 MVA todo o tempo, salvo se ten unha parada programada, que sabese con moito tempo de antelación. Idem as centrais térmicas, etc. E practicamente todas as plantas de enerxia convencionais.
Tendo en conta ese factor de incertidume, debemos ter en conta que no verán claramente a producción de enerxia solar será maior. Por exemplo en almeria no mes de xullo teriamos unhas 7 HSP mentres que en xañeiro teriamos unhas 3 HSP ( horas de sol pico ). Eso conlevaria unha producción no verán de 7 KWh/Kwp. Esto é 7 KWh por cada KWp instalado. Tendo en conta que a producción de auga doce desalada precisa unha enerxia que oscila entre os 2,7 Kwh/m3 e os 5,75 Kwh/m3. Levarianos a que por cada Kwp instalado teriamos como 2 m3 de auga desalada.
¿Que seria máis barato facer un trasvase dende o Ebro, un canal que cruce media españa e que unha boa parte do caudal se evapore, non falemos do impacto medioambiental?¿Ou facelo con aeroxeneradores que produzan moito no inverno e moi pouco no verán asi teremos moita auga acumulada que claro evaporarase unha boa parte?
Mais info:
http://www.elmundo.es/elmundo/2005/graficos/may/s1/desaladora.html
www.redeilumina.com

0 Comments:
Post a Comment
<< Home