Enerxia Solar

Wednesday, October 11, 2006

O que fan por ahi ca enerxia solar

Vemos na web,



que na universidade Freiburg, queren electríficala con paneis solares 550 KWp. Esto é queren aprobeitar tellados baldeiros para obter un beneficio. 3 millóns de euros, van a ter que pagar, supoño que tal e como están as subencións en Alemania, e sobre todo as desgrabacións, Alemania é un pais onde todo desgraba, é incrible, pois pagarán unha parte que non creo que sexa superior ó 50%, como moitísimo.
Facendo un cálculo a groso modo para esa cidade, obterían uns beneficiós, bendendo a enerxia ó prezo de España ( 0,42 €/kwh ) de 231,000 €/ano, co que sin recibir unha sola subención, cousa que dudo moitisimo, tardarian uns 9 anos en rendabilizar a inversión. Si como creo e por coñecemento que teño do pais, obtuveran unhas subencións do 50% o tempo de rendabilización baixaria ó 50%, esto e 4-5 anos. Dispois cada ano a universidade teria un beneficio de 231,000 €. Que non é pouco.
Pese a que as universidades teñen boa fama, tamén entra o componente, pese a que non o din no artigo, da publicidade gratuita, boa publicidade. Algo ó que moitas empresas deberían sumarse. Non so por xerar publicidade da súa empresa se non por xerar boa publicidade, algo ó que algunha non lle iria mal de todo. Sobre todo a estas empresas que non gozan precisamente de fama de ser moi respetuosas co medio ambiente. Os paneis solares teñen esa doble vertiente, beneficio económico e millora de imaxen.
Está claro que a Citroën importalle un pepino eso, a eles molestarialles bastante máis ter xente por ali durante uns dias intalandolles os paneis, non teñen esos problemas. Eu falo de naves que non gozan precisamente de boa fama entre os veciños, concello, etc..
No caso das Universidades, por exemplo, para min sería unha animalada instalar paneis solares no tellado de Medicina en Santiago, un edificio de pedra antigo, pegado á Catedral de Santiago, ó hostal dos reis Católicos. Sen embargo eu estudiei en Industriais na universidade de Vigo, que non deixa de ser un galpón, que se cae a cachos, onde xa vin chover nunha clase, e cos cubos recollendo todo ata que enchian e botaban por fora, en 2 min empezaron a botar por fora. O estado desa escola é lamentable, ahi é onde creo que sería unha opción a ter en contar. A instalación de paneis solares, porque ademáis do beneficio economico-ecolóxico, terían o benefico de ter un tellado novo, subencionable, etc.
Este é o caso de Colegio de los Hnos. Maristas en Cáceres, etc.. Non se pode mirar o que fan os demais e quedar ca boca aberta, temos que ver e aprender, aprender non significa copiar. Temos que aprender para que eles podan no futuro de nos, das nosas innovacións, ideas, etc.

Mais info



1 Comments:

At 5:54 PM, Anonymous Anonymous said...

hola somo mamba santa nos pueden escuchar en purevolume.com/mambasanta gracias por la onda escriban a prensamambasanta@hotmail.com
nos vemos

 

Post a Comment

<< Home

Who links to me?

Contador Gratis