Subencións INEGA
Onte ( 10/10/06 ) remataron os plazos para a solicitude de axudas á instalación de enerxia solar do INEGA. O prazo remataba ás 14 horas, pese a que o INEGA pecha ás 15 horas, alguén poderame algunha vez explicar por qué.
Demos entregado a falta de 10 minutos os últimos papeis, faltabanos un papel que nos tiña que dar Facenda, eles ó seu ritmo, e a partir dese momento iniciase todo o trámite burocrático que levará a que alguén reciba, neste caso o noso cliente, unha subención que pode chegar ó 20% da instalación. A este 20% deberemos sumarlle un porcentaxe que pode chegar ó 45% de axudas directas da Xunta.
No caso do INEGA, que ata agora concedia créditos e agora concede axudas directas, temos que decir sin temor a confundirnos que as axudas son escasas. Un 20% son axudas, pero nunha instalación de 15000€, unha grande como era o caso que nos ocupou no último momento, ACS, piscina, calefacción, non creemos que se lle concedan máis alá de 2000-2500 €, que axudan pero pouco.
A administración co no regulamento de edificación optou pola solución a todas luces de futuro, enerxia térmica nos edificios e casas, eso vai supoñer unha rebaixa na factura, dos grandes números da administración, do petróleo que mercamos ó exterior, tamén unha rebaixa de ingresos ( a taxa impositiva do petróleo é moi alta ). Pero creo sen temos a equivocarme que o descenso no desequilibrio da balanza comercial para o conxunto do estado será moi positiva. Polo tanto é o estado o que debe apoiar en moita maior medida este tipo de instalacións.
As economias familiares están moi afogadas coas hipotecas, préstamos, etc. polo tanto cunha instalación deste tipo unha familia pode aforrar máis moitos cartos ( 1000 - 2000 € ) anuais, en función do consumo que teña, en calefácción, auga quente, etc.
Polo tanto sería aconsellable que as administracións, estatal, autonómica, local se esforcen no tema. Será bo para todos, xa non só para o planeta, que falta ten de axuda, si non para o dia a dia de cada familia.
Máis información:
www.redeilumina.com
www.inega.es

0 Comments:
Post a Comment
<< Home