Enerxia Solar

Monday, November 06, 2006

Detalles instalación solar térmica

Vou facer unha serie de posts cunhas explicacións sobre como son as instalacións solares. Empezo pola térmica xa que engloba máis cousas e sobre todo e moito máis demanda pola xente. Esta explicación ten un caracter xeral e ten que quedar claro que cada instalación terá que ser adaptada á súa situación.

A instalación consta de varias partes:

1.- Parte de xeneración.
2.- Parte de almacenamento.
3.- Parte de control.

A parte de xeneración e posiblemente a máis visiual, os colectores térmicos. Son unhas placas polas que corre a auga, hai diferentes tipos de gas, auga, etc, que quentan o liquido ou gas que pasan por elas. O líquido poder ser auga ou anticonxelante, moi útil xa que no inverno pode haber xeadas e reventar as tuberias se non van perfectamente acondicionado, non fai o mesmo frio en Coruña que en Ourense.
     Estes colectores poden colocarse directamente no chan ou sobre tellado, ben fixado sobre os travesaños, non sobre as tellas como xa oin algunha vez.
     A parte de almacenamento consta dun, ou mais depósitos. Por ahi instalanse varios depósitos , personalmente creo que hai depóstos estratíficados que aforran moitos cartos e espacio no caso de empregar sistemas solares para a agua quente e calefacción. Pero bueno cada proxectista pode decidir que opción coller en cada caso. No meu caso e pese a que algún cliente quere porque escoitou como boa opción usar dous depósitos, persoalmente segundo a miña experiencia, é millor un e bo a dous. Razón un bo concentra todo, menos instalación, menos tuberia, todo eso é igual a cartos e tempo.
    Os depósitos non difiren moito, externamente, ós depósitos convencionais de resistencia que hai no mercado. Internamente xa e outro cantar. Poden levar internamente ou externamente un ou varios intercambiadores de calor para non misturar os fluidos, a agua a quentar e o líquido do circuito dos colectores.
    Temos tamén o sistema de control, onde englobaremos o electrocirculador, pese a que non é estritamente de control, pero exerce esa función. O sistema de control está formado por unha centralita que regula todo o sistema. Os sensores colocados nos colectores e no depósito mandan información á centralita que actua en consecuencia.

Mais info:

Ilumina Enerxia Alternativa

0 Comments:

Post a Comment

<< Home

Who links to me?

Contador Gratis