Enerxia Solar

Wednesday, November 08, 2006

Non é unha noticia nova pero non a lera

Na voz de galicia podemos ler unha entrevista ó "novo" director do INEGA.

A Voz de Galicia

   Entre outras cousas fala da enerxia eólica mariña. Que indica que debe ser estudada moito antes, e que non é unha opción principal. Pese a que este blog está intimamente relacionado ca enerxia solar, eu son un firme partidario da enerxia eólica mariña. E recalco o de mariña, no mar creo que o impacto ecolóxico-medioambiental que teñen os aeroxeneradores en comparación co que teñen no cume dos montes, resulta ridículo. Está claro que o gran problema de galicia e que non conta cunha plataforma continental como Dinamarca, onde a profundidade moitos Km mar a dentro é moi pequena. Un pode velo perfectamente se algunha vez vai a unha plaia de Dinamarca ou de Belxica, eu estuben nunha en Bélxica e é alucinante.
   Está claro que vai resultar máis caro e máis complexo, pero si queremos acadar un 90-100% da enerxia eléctrica consumida en galicia a partires de renovables, non nos vai chegar con paneis solares, colectores solares, biomasa e o que está instalado en eólico. A biomasa é a única desas enerxias renovables que está asegurada, esto é, témola cando queremos ( acendemos a caldeira ) no resto estamos en función do vento, o sol, que non sempre hai. Ademáis a enerxia eólica aporta moitisima enerxia, máis barata e aporta moitos postos de traballo. Se empezamos a instalar no mar imos precisar barcos, mariñeiros que non terian que ir ó gran sol, Malvinas, Madagascar, etc. Todos os galegos  coñecemos alguén que está ali.
    Non descartemos nada. Por moi mal que o fixeran os anteriores, ninguén se equivoca ó 100%, e se un chega con ideas novas, moi lóxico e comprensible, e tamén como debe ser, non debemos rexeitar as ideas dos que estaban antes só porque estaban antes.

Mais info:

Ilumina Enerxia Alternativa
  

0 Comments:

Post a Comment

<< Home

Who links to me?

Contador Gratis