Enerxia Solar

Friday, September 29, 2006

Ata Libia ten centros de investigación de enerxia solar

 Xa falei anteriormente en este blog sobre a revista Photon, www.photon.de. Ten dúas versións, 
unha que lle chaman eles interna, en Alemán, e outra internacional en inglés. Pois ven a inglesa parecese
moito á española Era solar, www.erasolar.es , fala de pasta, temas económicos, que si subencións que 
si rentabilidade, etc. Por outro lado está a versión alemana, que ten dúas palabras que se repiten
moito na revista, forschung= investigación, entwicklung= desenrolo (I+D) basicamente. De cartos fala bastante menos.
   Bueno pois na versión web pode verse este link,

http://www.photon.de/news_archiv/details.aspx?cat=News_Archiv&sub=Wirtschaft&pub=1&parent=479



 en  alemán,todo pois  un pode ler que van a abrir un centro de investigación de enerxia solar en Libia. E decir un pais
basicamente, e sin basicamente, do terceiro mundo, vai a ter un centro de investigación de enerxia solar. En españa existen centros de investigación, CIEMAT, grupos en algunhas universidades, etc. O nivel destos xa é conocido,..... En fin. Si ben hai investigadores moi recoñecidos en españa,..... Si un mete no google "centro de investigación de energia solar "

http://www.google.com/search?query=centro+de+investigaci%C3%B3n+de+energia+solar&num=

pode ver o que lle sale. En fin. No tema que estábamos, Libia. Está claro que tratase dun pais que ten sol de sobra, deserto tamén. Pero o que me chama poderosamente a atención é que tratase dun pais cunhas necesidades enerxéticas moi cubertas. Libia exporta gas a medio mundo esto faime pensar que terán que ter outro tipo de motivacións para facelo. Existe a posibilidade, que descoñezo, da dispersión da poboación, a quen ninguén lle sona eso en galicia. Pero a diferencia pode estar na distancia entre núcleos poblacionais.
    Eu traballo facendo proxectos de paneis solares, entre outras cousas, para Brasil. O ultimo que fixen era para un centro social no que a liña electrica máis cercana estaba a 25 Km de distancia. Ata ese momento usaban un xenerador diesel, pero claro eso é moi caro, 25 Km ata a liña mais cercana. ¿A canto podia estar o podia estár un porto onde desembarcar o diesel? Nunca o preguntei, non o queria saber.

Thursday, September 28, 2006

Sistemas aillados

Sistemas aillados



Vou falar dos sistemas aillados, esto é sin conexión a rede eléctrica (Fenosa, Iberdrola...).

Trátase dunha opción moi boa para aqueles que teñan un galpón, unha casiña perdida de

fin de semana que queiran ter luz auga quente, etc durante o fin de semana e incluso en verán.

Ben neste sistema o primordial son as baterias, xa que serán as que soporten o peso todo

do sistema, durante 5 dias cargaranse ca enerxia suministrada polos paneis e o fin de semana

practicamente asumiran elas a suministración de enerxia.

Neste caso é sempre moi bo non deixarse enganar por precios baixos. Esto non vai ser unha

inversión con rentabilización en X anos, co que podes xogar con peores calidades e asumir uns

riscos que igual si che conveñen, paneis chinos e sucedaneos. Neste caso o importante é ter un

servicio. Está claro que haberá quen prefira, por calquer motivo, ter algo de peor calidade, pero

baixo o meu punto de vista esto só seria asumible no caso dun galpón.

¿Por qué? Fácil. Nun galpón por norma xeral a xente non vive, fai pequenas cousas, chapuciñas,

festas, etc. Eso en ningún caso é un consumo alto, sacando o uso de rebarbadoras, taladros e

demais que o seu uso con enerxia solar non e recomendable, polo caro que pode ser a instalación,

e tampouco son consumos indispensables para a vida, como serían cociñar, ducharse, etc.

No caso dunha vivenda aillada, o principal e asumir que o gasto, moi rebaixado coas altas

subvencións que se poden obter, as máis altas que se conceden para a enerxia solar, será un

gasto destinado ó noso confort. que como tal deberá ir acorde coas nosas necesidades e posibilidades.

Para unha vivenda de fin de seman pode obtarse por un sistema mixto, térmica e fotovoltáica. Un pequeno colector termosifónico será abondo para eso non será preciso unha grande instalación xá que non se espera unha gran afluencia de xente. E de supoñer que

será para unha ou duas persoas, ninguén se construirá unha casiña aillada para que vaian os

amigos a pasar con eles o fin de semana, e para parellas ou persoas que desexen pasar o fin de

semana tranquilo, sen moita xente por ali. Podería facerse unha instalación máis grande pero

para ocupar esos picos de demanda, visitas inesperadas ou fillos plastas que non queren

marchase da casa, pero eso conlevaria un gasto máis elevado ó que nunca lle sacariamos

rendemento.

Asi que ós fillos á súa casa e os amigos a un hotel, e todos máis contentos. Instalación máis barata e máis tranquilidade para os que viven na casa.

En canto á instalación fotovoltáica, temos que ser comedidos para evitar que o presuposto se vaia a niveis moi elevados. Por exemplo, se un quere facer unha instalación que lle permita o uso indiscriminado de vitrocerámica, calefacción eléctrica, etc.. Pois eso será unha

cantidade de cartos moi alta.

Outro posibilidade é o uso mixto dunha instalación solar e eólica. Para o meu entender esa é unha opción a mirar con lupa e caso por caso. As razón son simples:

O aeroxenerador, por moi pequeno que sexa, os mais pequenos rondan os 400-500 W,

vai requerir unha elevación de 4-5 metros, co cal si se pretende que sexa algo oculto, non moi visible non é a millor maneira de conseguilo.

O aeroxenerador fai un ruido que se ten que valorar. Por exemplo se o sitio e relativamente grande, non haberá problema, pero si a parcela onde se vai colocar é pequena non sería recomendable. Xa que polo dia non haberá problema pero pola noite seguirá xirando e eso pode provocar problemas de ruido. Cumplen todas as normas de ruido pero presentan o problema de que pola noite calquer ruido pode ser molesto se se intenta durmir á súa beira.

Se se pode, ou quere, empregar un sistema mixto, aeroxenerador+solar fotovoltáica+solar térmica, o sistema será capaz de soportar consumos moi altos sen un custe moi elevado, vitrocerámicas, calefactores,etc... Só solar a inversión será respetable, ou ca premisa dun uso limitado.

Mais información



www.bournay.com

www.inega.es

www.idae.es

 

Inversión solar

Inversión


Na páxina web




podemos ler que a empresa Unigea Erneuerbare Energien Gmbh, busca inversores( colaboradores) en España. Na sua páxina web http://www.unigea.com ofrece pouca información, incluso na versión alemana, sobre o tema.

Esto faime sacar a conclusión:



A ENERXIA SOLAR É UNHA BOA INVERSIÓN

¿Por qué?

Unha empresa que ven dende Alemania ata aquí para invertir en enerxia solar faino con intención de gañar cartos, moitos cartos. Eles traballan en biogas, fotovoltáica e eólica, co cal supoñome que quererán facer proxectos de colectores de concentración, que unidos a gas natural, biogas, etc, permiten facer instalacións de xeneración de centos de MW, cousa que en fotovoltaica e moi costoso.

Asáltame unha pregunta.¿Para unha persoa particular, sería rendible asociarse a eles ou sería millor facer por el mesmo unha instalación fotovoltaica de conexión á rede?

Ben, creo que teriamos duas posibles respostas.

A primeira é clara, quén queira invertir, como quen invirte en calquer outra sociedade, e poño cartos e olvidome de todo, é unha boa opción, posiblemente unha das millores. Está claro que a rendibilidade da súa inversión será máis baixo que si el mesmo fixera a instalación, pero bueno todo sería evaluable.

A segunda é, coller eses cartos e facer un mesmo a instalación. Ben eso conlevaría en principio maiores traballos, pedir presupostos, papeleos, instalación, etc. Pero tendo en conta o nivel de problemática que conlevan os parques solares, hortas solares, unha vez realizado, que ven a ser aproximadmente 0., non sei ata que punto compensará.

Esta é unha decisión claramente persoal, que so pode ser evaluada por cada individuo e situación. Está claro que quen viva nun edificio nunha cidade, sen terreo exterior, cunha comunidade de veciños nada disposta a invertir, ou que non lle xenere confianza, e desexe invertir neste negocio, terá so esta opción, e claramente so esta.

Todo aquel que queira invertir neste negocio, e teña disponibilidade para facelo, creo que lle compensará facer el mesmo a instalación. Creo eu que a rendibilidade será maior, xa que a empresa asumirá un traballo, instalación, papeleos, que logo quererá que repercuta en si. Polo que ese rendemento medio que ten unha instalación fotovoltaica de conexión á rede do 10%, non sería tal no caso de invertir como asociado a unha empresa.

¿Por que as empresas eléctricas grandes non inverten grandes cantidades de cartos en enerxía fotovoltaica? Será unha pregunta a respostar en posteriores blogs. Ou que espero que alguén me conteste.

Para mais información



www.inega.es

www.idae.es

؈

Codigo técnico de edificación

O novo codigo técnico de edificación.







Co novo codigo técnico de edificación é, xa empezou en setembro empezar a instalar enerxia solar térmica nos edificios, casas, que se construan novos. Tamén en aqueles que sufran algunha reparación de importancia.



Ben, esto provocará unha menor demanda enerxética global en España. En conxunto será bo para o global da xente, menor demanda de petróleo implica, ou case, un menor incremento do IPC, etc. Para aqueles que o instalen, pois significará un aforro moi alto, entre o 30% na calefacción, en galicia, e un 60 % na auga quente. E dicir aforrarase entre un 30 e un 60% da súa factura, electrica ou de gasóleo.



Con unha rendibilidade superior ó 10%, uns custos relativamente baixos de instalación e unhas subencións razonables, tratase dunha inversión moi apetecible.



Apetecible por varias razóns:







1º Se instala colectores térmicos aforrarase entre un 30 e un 60% do coste de combustible por ano. Esto resultaria continuado durante os 25 anos seguintes a finalización da instalación. En principio esa é a vida útil que lle conceden os fabricantes ós seus productos. Nese plazo aseguran un funcionamento do 100% da súa capacidade, a partir de ahi, polo xeral ese rendimento baixa, ainda que non deixan de funcionar.



2º Se contamos uns 10 anos de amortización, seguramente serían menos se temos en conta as subencións, o aforro real sería dun 30-60% durante 15 anos.



3º O mantemento é practicamente 0. Se a instalación se deseñou correctamente, se se previu tódolos casos posibles de faio, inclemencias meteorolóxicas, etc. Aconteceu o caso de Grecia, fai un par de anos unhas nevadas provocarón unha rotura de moitos colectores térmicos, porque non foran deseñadas, as instalacións, para aguantar esa situciación. Ese problema solucionase con algo tan absurdo, como o líquido anticonxelante, moi parecido ó que se usa no radiador do coche. Este é un caso claro de que as instalacións deben sempre ser realizadas por profesionais, non so instaladores experimentados, se non proxectistas experimentados e que sepan o que fan. Moitos instaladores realizan as instalacións en vivendas, sin ter en conta ningún proxecto, eso pode a longo plazo provocar problemas como o caso grego.



Outro caso de enerxia solar, e a enerxia fotovoltaica. Esta é unha inversión que xerará beneficios, beneficios de tipo ingreso periódico no banco. Tamén rondará o 10%, e dicir unha persoa que invirta 10000 € recibiria 1000€ anuais aproximadamente no banco en concepto de ingreso por parte da compañia distribuidora, Fenosa, Endesa...



As vantaxes desta inversión, son varias:



1º Puramente publicitaria. Unha industria que quere ter boa publicidade.



2º Inversión persoal. Moi poucas inversións ofertan esta rendabilidade con este risco. Polo xeral, e en base á miña experiencia o do 10% e un cálculo moi baixo, polo xeral deberia rondar, en función da situación, sobre o 13%. Pero é preferible sempre pensar que rondará o 10%, máis baixo é dificil.



3º Inversión que non requerirá moito esforzo persoal a posteriori. É dicir, unha vez feita a instalación, practicamente, o que terá que facer o seu propietario é nada. A instalación é totalmente autónoma, e se está ben deseñada, protexida( voltamos ó caso de bos profesionais)







Páxinas web de interés.



www.inega.es

www.idae.es

 

Instalación térmica

Ultimamente apareceu na prensa publicado un anuncio no que se facia fincapé nunha instalación solar térmica a custo 0 €. Ben nese aspecto teño que decir que tras a miña, nosa (traballo para Ilumina Enerxia Alternativa), longa experiencia non compensa. Por unha razón principalmente:







A empresa indica na súa páxina web que si eles fan a instalación solar, térmica, a custo 0. Pero que dispois cada ano o cliente vaille pagando o que segundo os seus cálculos o cliente aforra cada ano tanto en A.C.S. como en calefacción.







Ben tras un estudio, que por certo non levou moito tempo, dos exemplos que ten devandita empresa na sua propia web, saltou (e non existe outra palabra que o defina millor) á nosa vista que a eses valores son cando menos grandes. E decir os aforros que prometen, que a postre será o que se lle pagará a eles a modo de crédito, son altos, bastante altos.



Actualmente os precios da solar térmica, no caso da fotovoltaica eso non se cumpre, son relativamente baixos, e non creo que ese sistema( de crédito encuberto) chegue a ser excesivamente rendible. E preferible asumir ese custo, tendo en conta que sería rebaixado coas subencións da Xunta, Inega, e en moitos casos gobernos locais, resultando ó final moito máis rendible.



Se algo que asumimos, e asumo eu plenamente, e que no caso das enerxia renovables existe moito mito. Estos sistemas, os solares térmicos, son uns sistemas que permiten un aforro moi alto a unha familia, comunidade de veciños, etc. E os sistemas fotovoltaicos de conexión á rede son un bo investimento, cunha rendibilidade de preto do 10%, aqui en Galicia. Por termo medio un sistema fotovoltaico rendabilizase antes dos 10 anos, dependendo da cuantia das subencións que se perciban.



En resumo a enerxia solar é un bo sistema de aforro/inversión pero é preciso sempre unha aclaración previa por parte do técnico hacia o seu cliente, e esa aclaración debe ser sempre o mais honrada posible. E buscando sempre as solucionar as necesidades da persoa, non buscando o beneficio rápido.



Nese aspecto, sempre nos adaptamos ás necesidades do cliente, non só técnicas, se non humanas. Unha persoa que quere ter un aforro, sen compricacións (darse de alta en autónomos, pagar cada x meses os impostos derivados dos ingresos xerados pola venda da enerxia fotovoltaica á rede) non pode por exemplo facer unha instalación fotovoltaica de conexión á rede na súa casa ou propiedades. Esta persoa debería decantarse por unha instalación solar térmica que permitirialle aforrar un porcentaxe moi alto na súa factura do gas, electrica (se ten quentadores de auga electricos) ou do gasóleo. Cuns porcentaxes que farán que a inversión nesa instalación sexa recuperada en poucos anos.



Este é un sistema que non xera problemas, totalmente autónomo o mantemento é escaso ou case nulo, que lle permitiria por exemplo no caso dun apagón, se dispon de quentadores electricos de auga, seguir dipoñendo de auga quente. E sen preocuparse practicamente máis del en moitos anos.

Links con información
www.idae.es
www.inega.es
www.redeilumina.com

 

Who links to me?

Contador Gratis