Enerxia Solar

Wednesday, October 25, 2006

Enerxia solar non so para gañar cartos

No link

http://www.energias-renovables.com/paginas/Contenidosecciones.asp?Id=9025


podemos ver a parte humana da tecnoloxia, e a parte menos humana. A parte menos humana porque ca tecnoloxia militar, mataron a moita xente. E a parte humana porque coa tecnoloxia solar estaselles dando unha oportunidade de desenrolo.

   Deixemos de lado a politica, as drogas, a corrupción ( algo que en Colombia dame que é todo un ) para centrarnos no lado social, no lado humano. Cando a xente dos paises ricos quere, axuda e pode arranxar moitas cousas nos paises pobres. Está claro que sin a axuda exterior eles sos non poderian pero son eles os que empezaron a tratar de arranxar o que en Colombia non ten arranxa, e os que empezaron a sufrir a súa ousadia.

   Son pequenos heroes para unha grande causa.

   A enerxia solar, non é so un bo negocio, axuda a xente a avanzar, a ter calidade de vida alí onde non se pode ter outra cousa.

Wednesday, October 11, 2006

Subencións INEGA

Onte ( 10/10/06 ) remataron os plazos para a solicitude de axudas á instalación de enerxia solar do INEGA. O prazo remataba ás 14 horas, pese a que o INEGA pecha ás 15 horas, alguén poderame algunha vez explicar por qué.
Demos entregado a falta de 10 minutos os últimos papeis, faltabanos un papel que nos tiña que dar Facenda, eles ó seu ritmo, e a partir dese momento iniciase todo o trámite burocrático que levará a que alguén reciba, neste caso o noso cliente, unha subención que pode chegar ó 20% da instalación. A este 20% deberemos sumarlle un porcentaxe que pode chegar ó 45% de axudas directas da Xunta.
No caso do INEGA, que ata agora concedia créditos e agora concede axudas directas, temos que decir sin temor a confundirnos que as axudas son escasas. Un 20% son axudas, pero nunha instalación de 15000€, unha grande como era o caso que nos ocupou no último momento, ACS, piscina, calefacción, non creemos que se lle concedan máis alá de 2000-2500 €, que axudan pero pouco.
A administración co no regulamento de edificación optou pola solución a todas luces de futuro, enerxia térmica nos edificios e casas, eso vai supoñer unha rebaixa na factura, dos grandes números da administración, do petróleo que mercamos ó exterior, tamén unha rebaixa de ingresos ( a taxa impositiva do petróleo é moi alta ). Pero creo sen temos a equivocarme que o descenso no desequilibrio da balanza comercial para o conxunto do estado será moi positiva. Polo tanto é o estado o que debe apoiar en moita maior medida este tipo de instalacións.
As economias familiares están moi afogadas coas hipotecas, préstamos, etc. polo tanto cunha instalación deste tipo unha familia pode aforrar máis moitos cartos ( 1000 - 2000 € ) anuais, en función do consumo que teña, en calefácción, auga quente, etc.
Polo tanto sería aconsellable que as administracións, estatal, autonómica, local se esforcen no tema. Será bo para todos, xa non só para o planeta, que falta ten de axuda, si non para o dia a dia de cada familia.

Máis información:

www.redeilumina.com

www.inega.es


O que fan por ahi ca enerxia solar

Vemos na web,



que na universidade Freiburg, queren electríficala con paneis solares 550 KWp. Esto é queren aprobeitar tellados baldeiros para obter un beneficio. 3 millóns de euros, van a ter que pagar, supoño que tal e como están as subencións en Alemania, e sobre todo as desgrabacións, Alemania é un pais onde todo desgraba, é incrible, pois pagarán unha parte que non creo que sexa superior ó 50%, como moitísimo.
Facendo un cálculo a groso modo para esa cidade, obterían uns beneficiós, bendendo a enerxia ó prezo de España ( 0,42 €/kwh ) de 231,000 €/ano, co que sin recibir unha sola subención, cousa que dudo moitisimo, tardarian uns 9 anos en rendabilizar a inversión. Si como creo e por coñecemento que teño do pais, obtuveran unhas subencións do 50% o tempo de rendabilización baixaria ó 50%, esto e 4-5 anos. Dispois cada ano a universidade teria un beneficio de 231,000 €. Que non é pouco.
Pese a que as universidades teñen boa fama, tamén entra o componente, pese a que non o din no artigo, da publicidade gratuita, boa publicidade. Algo ó que moitas empresas deberían sumarse. Non so por xerar publicidade da súa empresa se non por xerar boa publicidade, algo ó que algunha non lle iria mal de todo. Sobre todo a estas empresas que non gozan precisamente de fama de ser moi respetuosas co medio ambiente. Os paneis solares teñen esa doble vertiente, beneficio económico e millora de imaxen.
Está claro que a Citroën importalle un pepino eso, a eles molestarialles bastante máis ter xente por ali durante uns dias intalandolles os paneis, non teñen esos problemas. Eu falo de naves que non gozan precisamente de boa fama entre os veciños, concello, etc..
No caso das Universidades, por exemplo, para min sería unha animalada instalar paneis solares no tellado de Medicina en Santiago, un edificio de pedra antigo, pegado á Catedral de Santiago, ó hostal dos reis Católicos. Sen embargo eu estudiei en Industriais na universidade de Vigo, que non deixa de ser un galpón, que se cae a cachos, onde xa vin chover nunha clase, e cos cubos recollendo todo ata que enchian e botaban por fora, en 2 min empezaron a botar por fora. O estado desa escola é lamentable, ahi é onde creo que sería unha opción a ter en contar. A instalación de paneis solares, porque ademáis do beneficio economico-ecolóxico, terían o benefico de ter un tellado novo, subencionable, etc.
Este é o caso de Colegio de los Hnos. Maristas en Cáceres, etc.. Non se pode mirar o que fan os demais e quedar ca boca aberta, temos que ver e aprender, aprender non significa copiar. Temos que aprender para que eles podan no futuro de nos, das nosas innovacións, ideas, etc.

Mais info



Friday, October 06, 2006

Beneficios da enerxia solar en granxas

 A Universidade de Almeria ven de publicar un estudio no que indica que o beneficio das granxas aumenta un 12% coa instalación de paneis fotovoltaicos de conexión á rede.

http://noticias.ya.com/local/andalucia/09/08/2006/ual-energia-universidad.html

Esto en Galicia sería ilega. ¿Por qué? Porque temos leis tan boas que din que non se pode instalar nada en chan rústico, agrario, que non estea relacionado co tema rural. As mentes pensantes da Xunta puxeronse a traballar, fai como 5 meses en ver como podian solucionar este tema. A que chegaron....por agora a nada. Esperemos que en breve poidamos xa facer este tipo de instalacións legalmente.
Ata agora subencionar o campo pareceulle a toda Europa a millor maneira de evitar o despovoamento das zonas rurais, PER en Anlucia, subencións a todo en Galicia ( millo, patacas.. ). Pero vai sendo hora de cambiar esa mentalidade, as explotacións agrarias teñen que ser rendibles, gañar pasta. Eu se a miña familia ten unha explotación gandeira que lles da para vivir, para gañar cartiños, darse algún capricho, etc. e é unha situación máis ou menos estable plantexariame quedarme ( non é o meu caso, non proveño de familia de labregos pero si nacín nunha aldea ).
Pois nese cambio temos que incluir esto enerxia solar fotovoltaica, en Galicia daría do orde do 10-12% de beneficio anual do custo da instalación solar, dependendo do volume da explotación agraria e da instalación solar que se faga terá un ou outro peso nos beneficios totais da explotación. E o millor, algo que os gandeiros agradecerian enormemente, cartos que non costa traballalos, non hai que estralas cortes, non hai que botarlle pienso, nada de nada. Instalase e dispois o máximo que lle pode pasar e que o rouben ou que caea un arbol, cousas que son a todas luces evitables ou mitigables ( de roubos non se salva nin o Banco de España ).

Mais información

www.inega.es

www.redeilumina.com

www.energias-renovables.com

Wednesday, October 04, 2006

Desaladoras solares

Hoxe falaremos dunha aplicación que en galicia non é moi importante pero que en españa pode 
resultar moi interesante : A desalación con enerxias renovables.
Se xa existen exemplo de plantas desaladoras con enerxia eólica, caso da planta de Canarias e algunha máis, incluida esa tan enorme, a maior de Europa, que inaugurou a ministra Narbona. So existen con enerxia eólica non con enerxia solar. E eu preguntome ¿Por qué? En principio poderian ser a opción máis clara. No verán, cando máis falla fai a auga, os paneis producirán máis. Pola contra os aeroxeneradores soen producir máis durante o inverno cando sopla máis o vento pero as necesidades de auga son menores.
Para min hai unha razón clara. O interés que desperta a enerxia eólica que vai en detrimento da solar. É claro que a producción de KWh nun aeroxenerador vai ser maior que con paneis solares, a igual inversión. Pero neste caso presentase a vantaxa clara do momento temporal. Nos sistemas renovables de enerxia electrica temos un factor de incertidume, un reactor nuclear novo produce 1025 MVA todo o tempo, salvo se ten unha parada programada, que sabese con moito tempo de antelación. Idem as centrais térmicas, etc. E practicamente todas as plantas de enerxia convencionais.
Tendo en conta ese factor de incertidume, debemos ter en conta que no verán claramente a producción de enerxia solar será maior. Por exemplo en almeria no mes de xullo teriamos unhas 7 HSP mentres que en xañeiro teriamos unhas 3 HSP ( horas de sol pico ). Eso conlevaria unha producción no verán de 7 KWh/Kwp. Esto é 7 KWh por cada KWp instalado. Tendo en conta que a producción de auga doce desalada precisa unha enerxia que oscila entre os 2,7 Kwh/m3 e os 5,75 Kwh/m3. Levarianos a que por cada Kwp instalado teriamos como 2 m3 de auga desalada.

¿Que seria máis barato facer un trasvase dende o Ebro, un canal que cruce media españa e que unha boa parte do caudal se evapore, non falemos do impacto medioambiental?¿Ou facelo con aeroxeneradores que produzan moito no inverno e moi pouco no verán asi teremos moita auga acumulada que claro evaporarase unha boa parte?

Mais info:

http://www.elmundo.es/elmundo/2005/graficos/may/s1/desaladora.html

www.redeilumina.com

Who links to me?

Contador Gratis