Enerxia Solar

Wednesday, November 08, 2006

Non é unha noticia nova pero non a lera

Na voz de galicia podemos ler unha entrevista ó "novo" director do INEGA.

A Voz de Galicia

   Entre outras cousas fala da enerxia eólica mariña. Que indica que debe ser estudada moito antes, e que non é unha opción principal. Pese a que este blog está intimamente relacionado ca enerxia solar, eu son un firme partidario da enerxia eólica mariña. E recalco o de mariña, no mar creo que o impacto ecolóxico-medioambiental que teñen os aeroxeneradores en comparación co que teñen no cume dos montes, resulta ridículo. Está claro que o gran problema de galicia e que non conta cunha plataforma continental como Dinamarca, onde a profundidade moitos Km mar a dentro é moi pequena. Un pode velo perfectamente se algunha vez vai a unha plaia de Dinamarca ou de Belxica, eu estuben nunha en Bélxica e é alucinante.
   Está claro que vai resultar máis caro e máis complexo, pero si queremos acadar un 90-100% da enerxia eléctrica consumida en galicia a partires de renovables, non nos vai chegar con paneis solares, colectores solares, biomasa e o que está instalado en eólico. A biomasa é a única desas enerxias renovables que está asegurada, esto é, témola cando queremos ( acendemos a caldeira ) no resto estamos en función do vento, o sol, que non sempre hai. Ademáis a enerxia eólica aporta moitisima enerxia, máis barata e aporta moitos postos de traballo. Se empezamos a instalar no mar imos precisar barcos, mariñeiros que non terian que ir ó gran sol, Malvinas, Madagascar, etc. Todos os galegos  coñecemos alguén que está ali.
    Non descartemos nada. Por moi mal que o fixeran os anteriores, ninguén se equivoca ó 100%, e se un chega con ideas novas, moi lóxico e comprensible, e tamén como debe ser, non debemos rexeitar as ideas dos que estaban antes só porque estaban antes.

Mais info:

Ilumina Enerxia Alternativa
  

Monday, November 06, 2006

Detalles instalación solar térmica

Vou facer unha serie de posts cunhas explicacións sobre como son as instalacións solares. Empezo pola térmica xa que engloba máis cousas e sobre todo e moito máis demanda pola xente. Esta explicación ten un caracter xeral e ten que quedar claro que cada instalación terá que ser adaptada á súa situación.

A instalación consta de varias partes:

1.- Parte de xeneración.
2.- Parte de almacenamento.
3.- Parte de control.

A parte de xeneración e posiblemente a máis visiual, os colectores térmicos. Son unhas placas polas que corre a auga, hai diferentes tipos de gas, auga, etc, que quentan o liquido ou gas que pasan por elas. O líquido poder ser auga ou anticonxelante, moi útil xa que no inverno pode haber xeadas e reventar as tuberias se non van perfectamente acondicionado, non fai o mesmo frio en Coruña que en Ourense.
     Estes colectores poden colocarse directamente no chan ou sobre tellado, ben fixado sobre os travesaños, non sobre as tellas como xa oin algunha vez.
     A parte de almacenamento consta dun, ou mais depósitos. Por ahi instalanse varios depósitos , personalmente creo que hai depóstos estratíficados que aforran moitos cartos e espacio no caso de empregar sistemas solares para a agua quente e calefacción. Pero bueno cada proxectista pode decidir que opción coller en cada caso. No meu caso e pese a que algún cliente quere porque escoitou como boa opción usar dous depósitos, persoalmente segundo a miña experiencia, é millor un e bo a dous. Razón un bo concentra todo, menos instalación, menos tuberia, todo eso é igual a cartos e tempo.
    Os depósitos non difiren moito, externamente, ós depósitos convencionais de resistencia que hai no mercado. Internamente xa e outro cantar. Poden levar internamente ou externamente un ou varios intercambiadores de calor para non misturar os fluidos, a agua a quentar e o líquido do circuito dos colectores.
    Temos tamén o sistema de control, onde englobaremos o electrocirculador, pese a que non é estritamente de control, pero exerce esa función. O sistema de control está formado por unha centralita que regula todo o sistema. Os sensores colocados nos colectores e no depósito mandan información á centralita que actua en consecuencia.

Mais info:

Ilumina Enerxia Alternativa

Friday, November 03, 2006

90 %

A veces queixome neste blog con e sen razón. Pero equivocarse é humano, e rectificar o que me toca agora.

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=99732



Pois ben, vemos ahi que o 90 % da enerxia
consumida en galicia no 2012 será renovable. Remarquemos o de consumida por unha sinxela razón. Non vai ser a xenerada, no 2012 non se vai pechar Meirama, As Pontes, etc. Polo tanto vai ser a consumida, contando os paneis solares, colectores e aeroxeneradores que van a instalar, espero que non sigan pelando tanto os montes, e que empecen a instalar no mar, que serán menos perxudiciais.

Mais info:

Ilumina Enerxia Alternativa

www.inega.es

Labels: , , ,

Thursday, November 02, 2006

En Portugal

A enerxia solar en Portugal,( ahí ó lado )

http://www.energias-renovables.com/paginas/Contenidosecciones.asp?Id=9063

como podemos ler ahi, en Portugal vaise construir a maior central solar, fotovoltaica, do mundo. Acciona en concreto vaina construir e tamen vai construir unha fabrica de ensamblaxe de paneis.
    Vemos que un pulo no tema das instalacións leva ó crecemento económico. A zoa onde se vai instalar e unha zoa moi deprimida de Portugal, cunha emigración moi alta. A creación da planta ó seu carón dará un pulo moi importante á economia da zona. NON QUERO FALAR DE QUE AQUI, EN GALICIA, ESTEAMOS NA MESMA SITUACIÓN, POR DIOS NON, so hai que darse unha volta polo interior de Ourense para darse conta que aqui non pasa.
   Debemos plantexarnos que esta é unha opción de futuro, unha maneira de dar vida ás zoas deprimidas, esas zoas por norma xeral soen ser zoas con grandes terreos, e baratos, e unha radiación alta. Xa non so para instalar parques, se non que unha concentración alta de parques, un interese de parques fará medrar o interes das grandes compañias por investir nesas zoas. Poder ser en principio centros de distribución, e a partir de ahi pois so o tempo o sabe.
   Eso si non podemos deixar pasar o tren.

Mais info:

www.redeilumina.com

www.inega.es

www.censolar.com

Labels: , ,

Who links to me?

Contador Gratis